Notarial certification of a Letter of divorce (1457)


Este día, mes e ano, êno dito lugar, Fernand Mjgelles, pedreyro, diso que, por quanto / el nõ era cõtento da vjda que fasja cõ Dominga, súa moller, e por nõ / cabsar mal de hûu ou de outro, que se quería apartar e quitar dela e se quitaua / e apartaua dela e la daua por libre e quita para que de oje en deante fose / de sy e de seu corpo e fasenda todo quanto quisese e súa võtade fose, / sen pena nj~gûa. E a dita Dominga diso que, poys así era súa võtade, / que leuase o cárrego delo sobre súa alma, e que lle prasía e que así mjsmo / lo soltaua ao dito Fernand Mjgelles e se quitaua del para que fosê libres / e quitos hûu do outro e o outro do outro; e prometerõ amas ditas partes / de nõ acusar hûu a outro so pena de çent florîs d’ouro para a parte a/cusada; do qual diserõ que outorgauã dúas cartas firmes e fortes, / quaes en esta rrasõ más firmes se podesê faser, feytas en hûu / thenor para cada hûu deles a súa, e aos presentes rrogauã que fosê testigos; / do qual forõ testigos: Ferrnando de Catoyra e Gomes de Rribademar, juís, / e Diego Maseda, moradores en Rriãjo. /
 

Source: Fernando R. Tato Plaza (1994): O libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (séc. XV). Tese de doutoramento, Santiago: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 127-128. [Microficha, 1995]


Galician Medieval Texts
Galician Main Page

Modern Romance Languages Main Page
Orbis Latinus Main Page

This page is part of Orbis Latinus
© Zdravko Batzarov